Os pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades… Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais. Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos; son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación. Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comunidade temos a responsabilida
A queixa é unha vía que ten o paciente para mostrar a súa disconformidade con un servicio sanitario; que interpoñamos unha queixa non impide que podamos facer unha reclamación pola vía administrativa ou xudicial. É máis, ambas vías poden ser ferramentas que se empreguen de xeito paralelo. As canles que permiten facer chegar á Administración unha queixa, son “de modo presencial”, “por correo postal” ou “por vía telemática” a través da sede electrónica do Sergas neste caso. Nesta páxina web pódense facer dixitalmente Achegas e Reclamacións ó Sergas. Precísase acceder mediante identificación electrónica, Chave 365 ou Certificado Dixital: https://accedesaude.sergas.es/ACCEDE/publico/multipleAction.do?idioma =es&CssSize=1&sso=0NaN0&idApp=393549513C4&urlRespuesta=https:/ /contacte.sergas.gal/QUEREW/consComCert.do URL curta: shorturl.at/dfhHY Unha vez se entra, de forma sinxela e rápida débese clicar en RECLAMACIÓNS e especificar os seguintes datos: - Diri