Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Día da Acción Mundial pola Saúde das Mulleres, Dereito Sexual e Dereito Reprodutivo.

Levas anos librando loitas que non deberan ser necesarias. Loitas que non deberas loitar, e ás que te viches obrigada.  Loitas pola equidade, que non igualdade, porque iguais non somos nunca, contra un sexo masculino ao que estiveches sometida e que, ainda hoxe, marca o ritmo do mundo no que vives.  Tiveches que facer moitas conquistas; unhas legais e recoñecidas, como o dereito a votar, lograr a túa independencia xurídica fronte ao teu marido , a estudar, a traballar de forma remunerada  fóra da casa, dereito a que non ser maltratada…  Tiveches que gañar os teus dereitos a pulso, sempre en loita, e aínda quedan moitas batallas por diante.  Nese camiño de duros enfrontamentos, ás veces chegamos a esixirnos a nós mesmas igualarnos ao sexo masculino. Gran erro, porque NON somos iguais: podes, e debes, buscar a equidade; dar e pedir a cada quen o adecuado ás súas características.  Tes outras capacidades, outros recursos, outras maneiras, e outras necesidades.  E aquí debes fixarte hoxe, e

Día Internacional das Matronas

  Queridas matronas: Nun día coma hoxe, tódalas mulleres queremos darvos as   grazas!   Grazas de parte das adolescentes que acompañades no seu primeiro período e na súa educación sexual,   e en nome de tódalas nais que se sinten acompañadas, apoiadas e aliviadas ao enfrontar ese capítulo da vida das súas fillas da man de profesionais coma vós. Grazas, tamén, de parte de tódalas mulleres que pasamos da vosa man por un embarazo , polo parto , polo puerperio , o establecemento da lactancia…   Grazas, especialmente, de parte de todas aquelas que perdemos ao noso bebé e somos arroupadas por unha matrona nun episodio tan tráxico e devastador da nosa vida. De parte de todas esas mamás que nos vemos aqueixadas pola depresión postparto e somos arroupadas pola man serena e sabia dunha matrona. E, chegando á vellez , cando o noso corpo cambia de novo para sumar vertixe aos anos que se nos botan enriba, tamén as matronas estades dispoñibles para facer ese tránsito máis levadei