Ir al contenido principal

COMO PODEMOS POÑER UNHA QUEIXA TELEMÁTICA NO SERGAS

A queixa é unha vía que ten o paciente para mostrar a súa disconformidade con un

servicio sanitario; que interpoñamos unha queixa non impide que podamos facer unha

reclamación pola vía administrativa ou xudicial. É máis, ambas vías poden ser

ferramentas que se empreguen de xeito paralelo.


As canles que permiten facer chegar á Administración unha queixa, son “de modo

presencial”, “por correo postal” ou “por vía telemática” a través da sede electrónica do

Sergas neste caso.


Nesta páxina web pódense facer dixitalmente Achegas e Reclamacións ó Sergas.

Precísase acceder mediante identificación electrónica, Chave 365 ou Certificado Dixital:

https://accedesaude.sergas.es/ACCEDE/publico/multipleAction.do?idioma

=es&CssSize=1&sso=0NaN0&idApp=393549513C4&urlRespuesta=https:/

/contacte.sergas.gal/QUEREW/consComCert.do

URL curta: shorturl.at/dfhHY 


Unha vez se entra, de forma sinxela e rápida débese clicar en RECLAMACIÓNS e especificar os seguintes datos:

- Dirixida a: as opcións móstranse con un desplegable .

- Feitos a expoñer: día, hora e feitos acontecidos.

- Si se desexa, pódese adxuntar un arquivo ou documento (4 MB máximo).

- Correo electrónico.

- Teléfono de contacto: no que estar informados mediante SMS dos pasos que segue a reclamación.


Cando xa se enviou a Reclamación dixitalmente, pódese volver a entrar no enlace e alí constarán as queixas realizadas, en qué fase está o procedemento, a resposta á queixa …

Paralelamente vaise notificando por SMS e correo electrónico a evolución da queixa realizada, recibindo por correo ordinario un escrito coa resolución final do proceso.

Estas pautas básicas  permítennos expoñer de forma telemática a nosa disconformidade con algún servicio ou atención recibidos. Como cidadáns temos dereito a reclamar cando se vulnera algún dos  nosos dereitos como pacientes.  Temos que ter claro que a queixa permite ás administracións en xeral ter coñecemento das carencias dos seus servicios e que son unha das CANLES DE COMUNICACIÓN MÁIS DIRECTAS QUE TEMOS COS ORGANISMOS QUE NOS ASISTEN.


Video explicativo como facer unha reclamación: 



https://www.facebook.com/watch/?v=319197993249324

Siguenos en Facebook e Instagram



Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...