Ir al contenido principal

Día dos Dereitos da Infacia

 Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día!




O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia: a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades… 


Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais. 

Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos; 

son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación. 

Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas.


Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comunidade temos a responsabilidade de garantir os dereitos da infancia tódolos dias. 


Citando a Frederick Douglass: “ É máis fácil criar nen@s fortes, que reparar adult@s rotos” 


Dende Pediatras e Matronas XA (https://linktr.ee/Pediatrasematronasxa )  levamos tempo alzando a voz para que estes dereitos sexan respetados, e de forma simbólica este 20 de novembro animámovos a participar para coller aire xuntos e seguir esixindo un dos dereitos máis básicos de calquer infante, o dereito á saúde, a ser atendido e acompañado con calidade e garantias. 


Na atención primaria precisase atención de pediatras, que éstas sexan figuras de referencia, estables, que coñezan ás criaturas e as acompañen na súa evolución. Estes/as profesionais deberian ter unhas axendas que lle permitan facer revisións periódicas e que poidan dar resposta rápida cando @s cativ@s enferman; tamén agardamos que  estean actualizad@s e poidan ofrecer a mellor calidade nas súas intervencions… 

De igual maneira, a xestación é un periodo especialmente sensible que require dun seguemento personalizado, como é o das  matronas na atención primaria, e o traballo en equipo co/a pediatra nas primeiras semanas, acompañañando a saúde materna, os cambios familiares e as orientacions para atender ás necesidades d@ bebé e da nai. 


Para visibilizar @s dereitos dos nosos nenos e nenas, especialmente o dereito á saúde como un dos bens máis preciados, animámovos a participar:


👉🏼O 20N sube unha foto📸en branco e negro ás redes cos hashtag #pediatrasematronaxa


 Cos brazos en cruz (X)  e un globo, que nos impulse para coller aire e continuar xunt@s defendendo os nosos dereitos básicos.


Cada dia conta, cada persoa conta, cada foto simboliza unha necesidade que hai que cubrir


Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...