Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como dia internacional das matronas

Día Internacional das Matronas

  Queridas matronas: Nun día coma hoxe, tódalas mulleres queremos darvos as   grazas!   Grazas de parte das adolescentes que acompañades no seu primeiro período e na súa educación sexual,   e en nome de tódalas nais que se sinten acompañadas, apoiadas e aliviadas ao enfrontar ese capítulo da vida das súas fillas da man de profesionais coma vós. Grazas, tamén, de parte de tódalas mulleres que pasamos da vosa man por un embarazo , polo parto , polo puerperio , o establecemento da lactancia…   Grazas, especialmente, de parte de todas aquelas que perdemos ao noso bebé e somos arroupadas por unha matrona nun episodio tan tráxico e devastador da nosa vida. De parte de todas esas mamás que nos vemos aqueixadas pola depresión postparto e somos arroupadas pola man serena e sabia dunha matrona. E, chegando á vellez , cando o noso corpo cambia de novo para sumar vertixe aos anos que se nos botan enriba, tamén as matronas estades dispoñibles para facer e...