Ir al contenido principal

Día do Neno e da Nena

A Fundación Crecer Jugando, xunto coa Asociación Española de Fabricantes de Juguetes e as entidades, empresas e organizacións encadradas dentro do ámbito da infancia propoñen ao Goberno declarar o 26 de abril  como o “Día do Neno e da Nena”.

A iniciativa, trata de eloxiar e homenaxear o comportamento das nosas crianzas nunha situación de vulnerabilidade como a que está a supoñer a crise sanitaria actual.

Dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos unirnos a este recoñecemento, e celebración, da valentía dunhas crianzas que foron, e continúan a ser  heroes e heroínas nunha situación tan complicada como esta pandemia, na que son un gran exemplo a seguir polo resto da sociedade en canto a adaptación, paciencia, alegría, e seguimento das normas. 

E, como tal, queremos, tamén, lembrar que eles e elas son un dos piares da nosa loita . Que a infancia ten dereito á protección e coidado por parte de tódalas persoas e institucións, e debe ser a prioridade para un país. Así o reclamamos dende a asociación a un Goberno que está deixando desprotexido o noso máis prezado tesouro, o noso futuro. Protexan a saúde dos nosos pequenos e pequenas!

 O 26 de abril será xa, sempre, o aniversario da data na que os nenos e nenas voltaron sair ás rúas, despois de ficar en confinamento durante 42 días. Resultou admirable o xeito no que encararon este peche obrigado, a súa valentía e saber estar. Se todos tivemos que adaptarnos a unha situación estraña, os nenos e nenas foron capaces de facelo dun xeito innato.

 A situación xerada pola crise sanitaria permitiunos ser conscientes, no ámbito das crianzas,  da importancia do xogo, do benestar dos nenos e nenas, da súa sociabilidade e interactuación co entorno.

 As crianzas son como lenzos en branco que empezan a ser pintados. Temos que ser conscientes diso, conscientes da súa permeabilidade . Debemos protexer a infancia e ensalzar a súa importancia nas estruturas sociais, e na vida en sí.

 “A única patria que tén un home é a súa infancia” Rainer María Rilke;

 É preciso protexer esa patria, nós temos as ferramentas para facelo. A proposta deste día conciéncianos a todos deste feito, e sobre todo, da necesidades de mellorar o entendemento e empatía cos nosos fillos e fillas. Sempre estamos a tempo de comprender, xogar, sentir e ser.

 COA SAÚDE NON SE XOGA







Siguenos en Facebook e Instagram



Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...