Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

Día Mundial dos Dereitos do Nacemento

“Para mudar o mundo, primeiro é preciso mudar o xeito de nacer” Esta mítica frase de comezo dos 80 é de Michel Odent . Por desgraza (tamén chamada incompetencia neste caso), non temos datos daquel entón, nin da actualidade, para comparar rigurosamente a situación 40 anos despois. Agora ben: facede repaso dos vosos nacementos, dos das vosas crianzas e das que vos rodean. Vedes cambios significativos? Non falamos duns meses, nin dun par de anos: ¡estamos a falar de catro décadas, e o nivel de violencia co que seguimos a recibir ás crianzas neste mundo segue a ser insoportable!  Si, violencia: Programar inducións e/ou cesáreas por protocolos obsoletos e sen ningunha evidencia científica cando mamá e bebé están ben é violencia, non respectar a intimidade no parto con entradas e saídas de persoal diverso e facendo tactos innecesarios é violencia, a maniobra Kristeller é violencia, episiotomías por protocolo e sen información nin consentimento son violencia, non tratar con

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE

Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura …  Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa.  Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte , ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos seus fillo as