Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como acoruña

Día Mundial dos Dereitos do Nacemento

“Para mudar o mundo, primeiro é preciso mudar o xeito de nacer” Esta mítica frase de comezo dos 80 é de Michel Odent . Por desgraza (tamén chamada incompetencia neste caso), non temos datos daquel entón, nin da actualidade, para comparar rigurosamente a situación 40 anos despois. Agora ben: facede repaso dos vosos nacementos, dos das vosas crianzas e das que vos rodean. Vedes cambios significativos? Non falamos duns meses, nin dun par de anos: ¡estamos a falar de catro décadas, e o nivel de violencia co que seguimos a recibir ás crianzas neste mundo segue a ser insoportable!  Si, violencia: Programar inducións e/ou cesáreas por protocolos obsoletos e sen ningunha evidencia científica cando mamá e bebé están ben é violencia, non respectar a intimidade no parto con entradas e saídas de persoal diverso e facendo tactos innecesarios é violencia, a maniobra Kristeller é violencia, episiotomías por protocolo e sen información nin consentimento son violencia, non tratar ...

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE

Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura …  Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa.  Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte , ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos ...

Día do Neno e da Nena

A Fundación Crecer Jugando, xunto coa Asociación Española de Fabricantes de Juguetes e as entidades, empresas e organizacións encadradas dentro do ámbito da infancia propoñen ao Goberno declarar o 26 de abril  como o “Día do Neno e da Nena”. A iniciativa, trata de eloxiar e homenaxear o comportamento das nosas crianzas nunha situación de vulnerabilidade como a que está a supoñer a crise sanitaria actual . Dende a A sociación Pediatras e Matronas Xa, queremos unirnos a este recoñecemento, e celebración , da valentía dunhas crianzas que foron, e continúan a ser   heroes e heroínas nunha situación tan complicada como esta pandemia, na que son un gran exemplo a seguir polo resto da sociedade en canto a adaptación, paciencia, alegría, e seguimento das normas.  E, como tal, queremos, tamén, lembrar que eles e elas son un dos piares da nosa loita . Que a infancia ten dereito á protección e coidado por parte de tódalas persoas e institucións , e debe ser a prioridade ...

Concentración en protesta polos recortes na sanidade

A Asociación Pediatras e Matronas Xa coordinou  a concentración en protesta polos recortes en sanidade na Praza do 8 de Marzo de Cee. Con motivo da convocatoria de SOS Sanidade Pública Galega,  reunímonos para reiterar as nosas reclamacións. A  PLATAFORMA PEDIATRAS E MATRONAS XA , coordinamos, a nivel comarcal, unha das concentracións convocadas en toda Galicia o pasado mércores, 21 de abril, por SOS Sanidade Pública Galega , para esixir que paren os r ecortes en materia de saúde. AGRADECEMOS   a tódolos que quixeron achegarse para unir as voces e berrar ben forte polos nosos dereitos. Alí, cantamos o novo   himno da asociación, e demos lectura aos motivos pincipais da concentración: -        NORMALIZAR   os centros de saúde e GARANTIR   a asistencia presencial. -        PLAN   para afrontar as LISTAS DE AGARDA   acumuladas. -   ...

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...

Día Mundial da Saúde

Hoxe  Día Mundial da Saúde  estreamos himno! Estamos fartxs de preguntarnos ¿ONDE ESTÁN? Por iso non imos parar de berrar e agora tampouco de cantar, Pediatras e Matronas Xa! Cantemos todos e todas!¡Pola saúde de mulleres e crianzas! Grazas, Mateo López Robles polo teu traballo, por agasallarnos esta fermosa canción que será a banda sonora da nosa reivindicación. E grazas a  @Arturtrillo @toñocasais @sofía Espiñeira @CéOrquestrapantasma @faiadiaz @martafisterra @cristinamouriñoregueira @pati_ou  crianzas e os pais e nais por prestar o seu talento para o videoclip. @concellodemuxia @concellocee @concellodedumbria @concellofisterra@concellodecarnota @concellodebueu @concello.de.ourense @concellomeaño@concellosavinao