A Asociación Pediatras e Matronas Xa coordinou a concentración en protesta polos recortes en sanidade na Praza do 8 de Marzo de Cee. Con motivo da convocatoria de SOS Sanidade Pública Galega, reunímonos para reiterar as nosas reclamacións. A PLATAFORMA PEDIATRAS E MATRONAS XA , coordinamos, a nivel comarcal, unha das concentracións convocadas en toda Galicia o pasado mércores, 21 de abril, por SOS Sanidade Pública Galega , para esixir que paren os r ecortes en materia de saúde. AGRADECEMOS a tódolos que quixeron achegarse para unir as voces e berrar ben forte polos nosos dereitos. Alí, cantamos o novo himno da asociación, e demos lectura aos motivos pincipais da concentración: - NORMALIZAR os centros de saúde e GARANTIR a asistencia presencial. - PLAN para afrontar as LISTAS DE AGARDA acumuladas. - ...