Ir al contenido principal

Día Internacional das Matronas

 

Queridas matronas:

Nun día coma hoxe, tódalas mulleres queremos darvos as  grazas! 

Grazas de parte das adolescentes que acompañades no seu primeiro período e na súa educación sexual,  e en nome de tódalas nais que se sinten acompañadas, apoiadas e aliviadas ao enfrontar ese capítulo da vida das súas fillas da man de profesionais coma vós.

Grazas, tamén, de parte de tódalas mulleres que pasamos da vosa man por un embarazo, polo parto, polo puerperio, o establecemento da lactancia…

 Grazas, especialmente, de parte de todas aquelas que perdemos ao noso bebé e somos arroupadas por unha matrona nun episodio tan tráxico e devastador da nosa vida.

De parte de todas esas mamás que nos vemos aqueixadas pola depresión postparto e somos arroupadas pola man serena e sabia dunha matrona.

E, chegando á vellez, cando o noso corpo cambia de novo para sumar vertixe aos anos que se nos botan enriba, tamén as matronas estades dispoñibles para facer ese tránsito máis levadeiro.

Grazas polos folgos, pola comprensión, forza e amabilidade coa que nos sabedes tratar cando temos un saco de hormonas descontroladas, e andamos atemorizadas, e enfadadas, e tristes, e…. e non sabemos que facer con el…

Supoñedes un alivio, un oasis, nun sistema médico despersonalizado que non conta seres humanos.

Dende a Asociación PediatraseMatronasXa, queremos facer un recoñecemento especial a todas as matronas ( e matróns, pero imos utilizar o xénero feminino por maioría) que sodes, polo momento, as únicas profesionais sanitarias especializadas no sexo feminino, preparadas para o acompañamento, tan necesario nas etapas polas que pasamos as mulleres, que inflúen na nosa saúde física e mental, e que non se teñen en conta a nivel médico na maioría das ocasións.

Oxalá, nalgún momento, o sistema sanitario incorpore estratexias específicas para o seguimento, prevención, e control de saúde do sexo feminino, que require dunha atención moi diferente do masculino polas súas evidentes diferencias e necesidades. Pero, ata o momento, só contamos con vós. Grazas polo voso labor inestimable.

Tamén grazas, especialmente, a todas aquelas que traballades no sistema sanitario público porque, como todos e todas sabemos, hoxe en día as vosas condicións de traballo son nefastas e vergonzosas nun país" desenvolvido". Con longas listas de pacientes (o embarazo non é unha enfermidade, pero hai que ser moi pacientes para ser atendidos no sistema público) e un tempo de atención por persoa irrisorio, botades man do voso esforzo persoal, da vosa boa vontade e do voso tempo  para realizar Unha atención a mulleres que, se non fose por iso, estarían moi lonxe de recibir.

Dende PediatraseMatronasXa levamos, xa tempo, buscando a maneira de reclamar a solución deste gravísimo problema. As mulleres non estamos adecuadamente atendidas. Necesitamos máis matronas. Moitas máis.  Precisamos lograr unha ratio de matronas/ mulleres  acorde a un país desenvolvido que cumple cos dereitos básicos das cidadás. Basta xa de que as mulleres  sexamos cidadáns de segunda.  E de que as matronas, non esteades consideradas profesionalmente como se debe.

Agardemos lograr o más axiña posible que esta situación se revirta.

Ata entón… 

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS

 GRAZAS, MATRONAS!!!

Siguenos en Facebook e Instagram

Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...