Ir al contenido principal

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE



Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura … 

Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa. 

Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte, ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos seus fillo as escolla.

Tomar conciencia da fertilidade, e da infertilidade, é algo que expón a nosa madurez como persoas; ver a perspectiva deste proceso dende o respecto e a solidaridade é algo preciso.
A comprensión, o apoio e a empatía son pilares nesta loita enmudecida.

A Asociación Pediatras e Matronas Xa, amosa o seu máis sinceiro apoio para que tomedes da man a afouteza que o voso entorno e familia vos brinden e poñer  luz en todo o voso proceso. As matronas xogan un papel esencial na información e no acompañamento da parella nesta carreira de fondo. Da súa man, unha parella que pase por un bache na súa fertilidade pode atopar máis fácilmente o camiño para resolver as súas dificultades e lograr os seus desexos, e tamén para facer máis levadeiro o proceso ata logralo. Máis matronas son necesarias para poder facer todo este acompañamento, de xeito informado e con amparo psicolóxico e emocional . Dende a Asociación, loitamos para que asì sexa.

 E, se non houbese matronas accesibles no teu centro de saúde, reclama para que iso cambie. É o dereito de tod@s!!!!

Siguenos en Facebook e Instagram



Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...