Levas anos librando loitas que non deberan ser necesarias. Loitas que non deberas loitar, e ás que te viches obrigada.
Loitas pola equidade, que non igualdade, porque iguais non somos nunca, contra un sexo masculino ao que estiveches sometida e que, ainda hoxe, marca o ritmo do mundo no que vives.
Tiveches que facer moitas conquistas; unhas legais e recoñecidas, como o dereito a votar, lograr a túa independencia xurídica fronte ao teu marido , a estudar, a traballar de forma remunerada fóra da casa, dereito a que non ser maltratada… Tiveches que gañar os teus dereitos a pulso, sempre en loita, e aínda quedan moitas batallas por diante.
Nese camiño de duros enfrontamentos, ás veces chegamos a esixirnos a nós mesmas igualarnos ao sexo masculino. Gran erro, porque NON somos iguais: podes, e debes, buscar a equidade; dar e pedir a cada quen o adecuado ás súas características.
Tes outras capacidades, outros recursos, outras maneiras, e outras necesidades.
E aquí debes fixarte hoxe, esta é unha das seguintes guerras que librar .
Muller: debes coidarte, e esixir que che coiden. Quédanche moitas loitas por diante, que herdarán as túas fillas e as túas netas se ti non resolves. Precisas que o sistema sanitario poña especial fincapé en ti, porque está demostrado que eres máis vulnerable.
Ese maltrato constante, a violencia e discriminación sanitaria, esa total falta de conciencia xeral de todo o que conleva un embarazo; o antes, durante e despois dese proceso … aínda hoxe morren mulleres nos alumbramentos e aínda hoxe estás a ser vítima das enfermidades físicas e mentais que afloran no puerperio. É un feito que o sistema sanitario non está preparado para atenderte axeitadamente e avístase un longo camiño para atender con EQUIDADE a mulleres e homes.
Esixe que te coiden. Ti, que durante anos coidaches do mundo, sendo esclava da túa familia, precisas que miren por ti. A LOITA CONTINÚA!
Dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, loitamos para que esta situación se revirta. Máis matronas son necesarias para acompañar ás mulleres na súa andadura polo Camiño de ser Muller, que conleva cambios ao longo da vida que nos afectan seriamente, dende a pubertade, pasando polo embarazo e o parto e ata a menopausa. Máis pediatras urxen para acompañar ás mulleres no coidado da saúde das dúas crianzas. LOITEMOS PARA QUE A LOITA REMATE. BENESTAR E EQUIDADE. Pediatras e matronas… xa!!!!
#SaluddelasMujeres
Un sentir de moitas plasmado por escrito
ResponderEliminar