Ir al contenido principal

Día Mundial dos Dereitos do Nacemento

“Para mudar o mundo, primeiro é preciso mudar o xeito de nacer”



Esta mítica frase de comezo dos 80 é de Michel Odent. Por desgraza (tamén chamada incompetencia neste caso), non temos datos daquel entón, nin da actualidade, para comparar rigurosamente a situación 40 anos despois. Agora ben: facede repaso dos vosos nacementos, dos das vosas crianzas e das que vos rodean. Vedes cambios significativos? Non falamos duns meses, nin dun par de anos: ¡estamos a falar de catro décadas, e o nivel de violencia co que seguimos a recibir ás crianzas neste mundo segue a ser insoportable! 

Si, violencia: Programar inducións e/ou cesáreas por protocolos obsoletos e sen ningunha evidencia científica cando mamá e bebé están ben é violencia, non respectar a intimidade no parto con entradas e saídas de persoal diverso e facendo tactos innecesarios é violencia, a maniobra Kristeller é violencia, episiotomías por protocolo e sen información nin consentimento son violencia, non tratar con respecto e cuestionar a nosa capacidade de parir e a capacidade das nosas crianzas para nacer é violencia, separar a bebés e mamás cando ningunha das dúas vidas corre perigo é violencia... e xa basta! 

Protexamos este momento único nas nosas vidas. Só sentíndonos respectadas dende o primeiro momento, poderemos comezar o noso camiño dende a calma, a seguridade e o amor, evitando así consecuencias fatais que nos acompañen de por vida. Só así poderemos mudar este mundo. Matronas, o mundo precisa de vós!


Compartímosvos este decálogo de dereitos que recolle a Plataforma Pro Dereitos do Nacemento:

  • Dereito a que se recoñeza a súa capacidade física e emocional, na súa vida intrauterina e extrauterina, e especialmente no tránsito entre ambas. 

  • O bebé intraútero ten dereito a que o benestar emocional da súa nai non sexa alterado por un abuso e exceso de controis na xestación.

  • Dereito a que o NACEMENTO comece de xeito espontáneo.

  • Dereito a que se respete a intimidade, ritmo, ambiente e compañía no parto-nacemento e a que o mesmo transcurra de xeito fisiolóxico.

  • Dereito a permanecer en contacto pel con pel coa súa nai .

  • Dereito a que o cordón umbilical remate de trasvasar todo o sangue do bebé.

  • Dereito a ser amamantada a demanda, polo que é fundamental que a nai conte con axuda e apoio á instauración da lactancia materna.

  • Dereito a ser acompañada TODO o tempo. Por exemplo, que se realicen as probas médicas necesarias en compañía da súa nai, pai ou persoa de confianza, se é en contacto pel con pel, mellor.

  • O bebé ten dereito a ser atendido persoalmente pola súa nai, pai ou persoa que a súa familia escolla, como mínimo, durante o primeiro ano de vida.

  • O bebé prematuro ten dereito a permanecer pegado ao corpo da súa nai, pai ou persoa que elas escollan ata que adquira o peso e as condicións óptimas de saúde, polo que as unidades neonatais deben estar adaptadas para poder ingresar ao binomio nai-bebé. Dereito ao MÉTODO NAI CANGURO.


Dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, apoiamos a defensa absoluta dos Dereitos do nacemento. España está denunciada por diversos organismos por non contar, aínda hoxe, con prácticas suficientemente respectuosas neste sentido.

Máis matronas son necesarias, xa que é a única compaña útil nos partos naturais e, quizàis, o colectivo sanitario más comprometido cos dereitos do nacemento. 


Defendamos os nosos dereitos!


Siguenos en Facebook e Instagram

Comentarios

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...