Ir al contenido principal

Abril, mes da concienciación da cesárea


O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado.

A sombra da cesárea

Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos.

Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.

A figura da matrona, resulta estratéxica para reducir este tipo de intervencións 

Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e, iso, non podemos obvialo.

Clases de preparación ó parto

Resulta significativo que o primeiro alumbramento do 2021 en Galicia fose a través de cesárea. Nin falar xa de datos e porcentaxes, porque asombran. Bótase en falla que nas clases de preparación ó parto non se adique un tempo a explicar este procedemento, en que casos se emprega, que acarrea no corpo da muller e do fillo … e, sobre todo, como recuperarse e encarar os primeiros días da maternidade.

 Que o puerperio ten unha complexidade emocional desbordante, sabémolo todas. Que enfrontar ese puerperio tras unha cesárea dificulta máis o proceso, é un segredo que permanece na sombra da maternidade, na soidade da muller nai.


Mais matronas

 A figura da matrona, resulta estratéxica para reducir este tipo de intervencións: o seu seguimento e acompañamento, a súa formación de cara a darnos ferramentas para coñecer o proceso e, por suposto, o seguimento posterior.

 A información é fundamental para tomar decisións, e para enfrontar un puerperio con máis afouteza. E si, é fundamental tomar conciencia das cesáreas, do que implican, e de como os sanitarios son a chave, coa súa preparación e respecto, para vertebrar un proceso coma este á marxe de intereses económicos, persoais … ou incluso de descoñecemento.

 E si, tamén é fundamental que as mulleres rexeitemos o maltrato que implican as prácticas mal informadas, e que teñamos a valentía de expoñer os abusos que enfrontamos ó longo dos nosos embarazos.

Siguenos nas redes sociais: Facebook, Instagram


Comentarios

  1. Muy bien explicado, gracias 💪🏽

    ResponderEliminar
  2. A información é poder😉! Moi necesario un bo acompañamento e recoñecer e apoiar nas necesidades que se van dando, como pode ser pasar polo proceso dunha cesárea...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

COMO PODEMOS POÑER UNHA QUEIXA TELEMÁTICA NO SERGAS

A queixa é unha vía que ten o paciente para mostrar a súa disconformidade con un servicio sanitario; que interpoñamos unha queixa non impide que podamos facer unha reclamación pola vía administrativa ou xudicial. É máis, ambas vías poden ser ferramentas que se empreguen de xeito paralelo. As canles que permiten facer chegar á Administración unha queixa, son “de modo presencial”, “por correo postal” ou “por vía telemática” a través da sede electrónica do Sergas neste caso. Nesta páxina web pódense facer dixitalmente Achegas e Reclamacións ó Sergas. Precísase acceder mediante identificación electrónica, Chave 365 ou Certificado Dixital: https://accedesaude.sergas.es/ACCEDE/publico/multipleAction.do?idioma =es&CssSize=1&sso=0NaN0&idApp=393549513C4&urlRespuesta=https:/ /contacte.sergas.gal/QUEREW/consComCert.do URL curta: shorturl.at/dfhHY  Unha vez se entra, de forma sinxela e rápida débese clicar en RECLAMACIÓNS e especificar os seguintes datos: - ...

Día da Acción Mundial pola Saúde das Mulleres, Dereito Sexual e Dereito Reprodutivo.

Levas anos librando loitas que non deberan ser necesarias. Loitas que non deberas loitar, e ás que te viches obrigada.  Loitas pola equidade, que non igualdade, porque iguais non somos nunca, contra un sexo masculino ao que estiveches sometida e que, ainda hoxe, marca o ritmo do mundo no que vives.  Tiveches que facer moitas conquistas; unhas legais e recoñecidas, como o dereito a votar, lograr a túa independencia xurídica fronte ao teu marido , a estudar, a traballar de forma remunerada  fóra da casa, dereito a que non ser maltratada…  Tiveches que gañar os teus dereitos a pulso, sempre en loita, e aínda quedan moitas batallas por diante.  Nese camiño de duros enfrontamentos, ás veces chegamos a esixirnos a nós mesmas igualarnos ao sexo masculino. Gran erro, porque NON somos iguais: podes, e debes, buscar a equidade; dar e pedir a cada quen o adecuado ás súas características.  Tes outras capacidades, outros recursos, outras maneiras, e outras necesidades....