Ir al contenido principal

Abril, mes da concienciación da cesárea


O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado.

A sombra da cesárea

Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos.

Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.

A figura da matrona, resulta estratéxica para reducir este tipo de intervencións 

Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e, iso, non podemos obvialo.

Clases de preparación ó parto

Resulta significativo que o primeiro alumbramento do 2021 en Galicia fose a través de cesárea. Nin falar xa de datos e porcentaxes, porque asombran. Bótase en falla que nas clases de preparación ó parto non se adique un tempo a explicar este procedemento, en que casos se emprega, que acarrea no corpo da muller e do fillo … e, sobre todo, como recuperarse e encarar os primeiros días da maternidade.

 Que o puerperio ten unha complexidade emocional desbordante, sabémolo todas. Que enfrontar ese puerperio tras unha cesárea dificulta máis o proceso, é un segredo que permanece na sombra da maternidade, na soidade da muller nai.


Mais matronas

 A figura da matrona, resulta estratéxica para reducir este tipo de intervencións: o seu seguimento e acompañamento, a súa formación de cara a darnos ferramentas para coñecer o proceso e, por suposto, o seguimento posterior.

 A información é fundamental para tomar decisións, e para enfrontar un puerperio con máis afouteza. E si, é fundamental tomar conciencia das cesáreas, do que implican, e de como os sanitarios son a chave, coa súa preparación e respecto, para vertebrar un proceso coma este á marxe de intereses económicos, persoais … ou incluso de descoñecemento.

 E si, tamén é fundamental que as mulleres rexeitemos o maltrato que implican as prácticas mal informadas, e que teñamos a valentía de expoñer os abusos que enfrontamos ó longo dos nosos embarazos.

Siguenos nas redes sociais: Facebook, Instagram


Comentarios

  1. A información é poder😉! Moi necesario un bo acompañamento e recoñecer e apoiar nas necesidades que se van dando, como pode ser pasar polo proceso dunha cesárea...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...