Ir al contenido principal

Día da Acción Mundial pola Saúde das Mulleres, Dereito Sexual e Dereito Reprodutivo.



Levas anos librando loitas que non deberan ser necesarias. Loitas que non deberas loitar, e ás que te viches obrigada.

 Loitas pola equidade, que non igualdade, porque iguais non somos nunca, contra un sexo masculino ao que estiveches sometida e que, ainda hoxe, marca o ritmo do mundo no que vives. 

Tiveches que facer moitas conquistas; unhas legais e recoñecidas, como o dereito a votar, lograr a túa independencia xurídica fronte ao teu marido , a estudar, a traballar de forma remunerada  fóra da casa, dereito a que non ser maltratada…  Tiveches que gañar os teus dereitos a pulso, sempre en loita, e aínda quedan moitas batallas por diante. 

Nese camiño de duros enfrontamentos, ás veces chegamos a esixirnos a nós mesmas igualarnos ao sexo masculino. Gran erro, porque NON somos iguais: podes, e debes, buscar a equidade; dar e pedir a cada quen o adecuado ás súas características. 

Tes outras capacidades, outros recursos, outras maneiras, e outras necesidades. 
E aquí debes fixarte hoxe, esta é unha das seguintes guerras que librar . 

Muller: debes coidarte, e esixir que che coiden. Quédanche moitas loitas por diante, que herdarán as túas fillas e as túas netas se ti non resolves. Precisas que o sistema sanitario poña especial fincapé en ti, porque está demostrado que eres máis vulnerable. 

Ese maltrato constante,  a violencia e discriminación sanitaria, esa total falta de conciencia xeral de todo o que conleva un embarazo; o antes, durante e despois dese proceso … aínda hoxe morren mulleres nos alumbramentos e aínda hoxe estás a ser vítima das enfermidades físicas e mentais que afloran no puerperio. É un feito que o sistema sanitario non está preparado para atenderte axeitadamente e avístase un longo camiño para atender con EQUIDADE a mulleres e homes.

Esixe que te coiden. Ti, que durante anos coidaches do mundo, sendo esclava da túa familia, precisas que miren por ti.  A LOITA CONTINÚA!

Dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, loitamos para que esta situación se revirta. Máis matronas son necesarias para acompañar ás mulleres na súa andadura polo Camiño de ser Muller, que conleva cambios ao longo da vida que nos afectan seriamente, dende a pubertade, pasando polo embarazo e o parto e ata a menopausa. Máis pediatras urxen para acompañar ás mulleres no coidado da saúde das dúas crianzas. LOITEMOS PARA QUE A LOITA REMATE. BENESTAR E EQUIDADE. Pediatras e matronas… xa!!!!

#SaluddelasMujeres

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Dia Europeo dos Dereitos dos Pacientes

  O 18 de abril conmemórase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes. Unha data instaurada pola Carta dos Dereitos dos Pacientes, redactada en Roma en 2002 e que se inspira na Carta de Dereitos Fundamentales da Unión Europea. Este video recolle catorce dereitos dos pacientes en relación cos seus servizos de saúde, que hoxe, dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, queremos compartir para que non queden no olvido. Esíxeos, son teus! Siguenos nas redes sociais: Facebook , Instagram

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

Abril, mes da concienciación da cesárea

O mes de abril é o mes de concienciación da  cesárea e desde Pediatras e Matronas  Xa queremos reivindicar a importancia das matronas tanto para evitar  cesáreas innecesarias como para que, cando ocorran, teñan un seguimento adecuado. A sombra da cesárea Ó longo do embarazo tentamos prepararnos para os meses que temos por diante, para comprender a que nos enfrontamos e, sobre todo, para converter todo o noso potencial en construción a favor da vida, como mellor sabemos, como mellor podemos. Tentamos prepararnos para moito, pero, se hai algo que relegamos á sombra, é o proceso dunha posible cesárea. Sabemos que está aí, pero queremos a bendición do parto natural. Sabemos que pode pasar, pero apartamos ese pensamento para que a negatividade non nos empurre cara ela.   Que a cesárea salva vidas é unha realidade. Pero tamén é unha realidade que non pode banalizarse: que, practicada de forma innecesaria, acarrea toda unha serie de consecuencias para nai e fillo e,...