Ir al contenido principal

Mobilización 21 de abril as 20h.

UNHA CHAMADA Á MOBILIZACIÓN

 

A precariedade no sistema sanitario é unha realidade que atopou, na actual pandemia, un amparo para campar ás súas anchas. Se xa tiñamos unha sanidade enferma, isto non fixo máis que empeorar o problema.

Únete á mobilización

Dende a ASOCIACIÓN PEDIATRAS E MATRONAS XA queremos unirnos a SOS SANIDADE PÚBLICA para agrandar ese berro de protesta tan necesario. Queremos amparar esta causa común e integrarnos nela, loitando por un servizo sanitario de calidade.

 O mércores 21 de abril, ás 20:00 horas, fronte ó Concello de Cee, queremos MOBILIZARNOS PARA RECUPERAR O NOSO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO.  As mobilizacións e concentracións estenderanse ós principais municipios e cidades en todas as áreas sanitarias,

 As REIVINDICACIÓNS da PLATAFORMA ampáranse en cinco pilares básicos:

  - A NECESIDADE DE NORMALIZAR A ACTIVIDADE NOS CENTROS DE SAÚDE.

 - UN PLAN PARA AFRONTAR AS LISTAS DE AGARDA.

 - INFORMACIÓN TRANSPARENTE E ACCESO UNIVERSAL ÁS VACINAS COVID.

 - CONTRATAR MÁIS PERSOAL E AMPLIAR AS INSTALACIÓNS SANITARIAS.

 - REXEITAR A REFORMA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, SOSTIDA POR MEDIDAS DE NATUREZA REPRESIVA.

Entre todos, podemos acabar con unha represión encuberta que ameaza as nosas liberdades e os nosos dereitos.

 

Mobilizacións en Galicia 21/04


· Plataforma do Val Miñor (Nigrán, Baiona, Gondomar): na Alameda da Ramallosa de Nigrán ás 20 horas

· A Mariña de Lugo: ás 20 horas Praza do Concello. Burela

· Vigo: ás 20 horas diante das escaleiras do MARCO, na rúa Príncipe

· Bueu: ás 20h na Praza do Concello

· Cangas: ás 20h diante do Concello

· Compostela: ás 20 h. na Praza do Obradoiro

· Pontevedra: ás 20 horas na praza da Peregrina

· Ferrol Terra: ás 20 horas na Praza de España

· Poio: ás 20 horas diante do Concello

· A Coruña: ás 20 horas no Obelisco

· Ourense: ás 20 horas na entrada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (edificio novo)

· Marín: ás 20 horas na Alameda

· Vilagarcía: ás 20 horas diante do Centro de Saúde

· Lugo: ás 20 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia

· Comarca do Barbanza: ás 20 horas diante da Casa do Concello de Ribeira

· Cee: ás 20 horas na Praza do 8 de Marzo

· Rianxo: ás 20 horas diante do Centro de Saúde

· A Guarda, Baixo Miño: ás 20 horas na Praza de Avelino Vicente


Siguenos nas redes sociais: Facebook, Instagram

Comentarios

  1. Só Unid@s conseguiremos mellorar a sanidade pública, se non loitamos dentro duns anos todo será privado

    ResponderEliminar
  2. Loitemos polos nosos dereitos e non permitamos que privaticen a sanidade! A unión fai a forza!!💪🏼🩺

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE

Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura …  Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa.  Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte , ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos ...