UNHA
CHAMADA Á MOBILIZACIÓN
A precariedade no sistema sanitario é unha realidade que atopou, na actual pandemia, un amparo para campar ás súas anchas. Se xa tiñamos unha sanidade enferma, isto non fixo máis que empeorar o problema.
Únete á mobilización
Dende a ASOCIACIÓN PEDIATRAS E MATRONAS XA queremos unirnos a SOS SANIDADE PÚBLICA para agrandar ese berro de protesta tan necesario. Queremos amparar esta causa común e integrarnos nela, loitando por un servizo sanitario de calidade.
O mércores 21 de abril, ás 20:00 horas, fronte ó Concello de Cee, queremos MOBILIZARNOS PARA RECUPERAR O NOSO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO. As mobilizacións e concentracións estenderanse ós principais municipios e cidades en todas as áreas sanitarias,
As REIVINDICACIÓNS da PLATAFORMA ampáranse en cinco pilares básicos:
- A NECESIDADE DE NORMALIZAR A ACTIVIDADE NOS CENTROS DE SAÚDE.
- UN PLAN PARA AFRONTAR AS LISTAS DE AGARDA.
- INFORMACIÓN TRANSPARENTE E ACCESO UNIVERSAL
ÁS VACINAS COVID.
- CONTRATAR MÁIS PERSOAL E AMPLIAR AS
INSTALACIÓNS SANITARIAS.
- REXEITAR A REFORMA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, SOSTIDA POR MEDIDAS DE NATUREZA REPRESIVA.
Entre todos, podemos acabar con unha represión encuberta que ameaza
as nosas liberdades e os nosos dereitos.
Mobilizacións en Galicia 21/04
· Plataforma do Val Miñor (Nigrán, Baiona, Gondomar): na Alameda da Ramallosa de Nigrán ás 20 horas
· A Mariña de Lugo: ás 20 horas Praza do Concello. Burela
· Vigo: ás 20 horas diante das escaleiras do MARCO, na rúa Príncipe
· Bueu: ás 20h na Praza do Concello
· Cangas: ás 20h diante do Concello
· Compostela: ás 20 h. na Praza do Obradoiro
· Pontevedra: ás 20 horas na praza da Peregrina
· Ferrol Terra: ás 20 horas na Praza de España
· Poio: ás 20 horas diante do Concello
· A Coruña: ás 20 horas no Obelisco
· Ourense: ás 20 horas na entrada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (edificio novo)
· Marín: ás 20 horas na Alameda
· Vilagarcía: ás 20 horas diante do Centro de Saúde
· Lugo: ás 20 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia
· Comarca do Barbanza: ás 20 horas diante da Casa do Concello de Ribeira
· Cee: ás 20 horas na Praza do 8 de Marzo
· Rianxo: ás 20 horas diante do Centro de Saúde
· A Guarda, Baixo Miño: ás 20 horas na Praza de Avelino Vicente
Só Unid@s conseguiremos mellorar a sanidade pública, se non loitamos dentro duns anos todo será privado
ResponderEliminarExacto! Xunt@s somos mais fortes! 👏🏼
EliminarLoitemos polos nosos dereitos e non permitamos que privaticen a sanidade! A unión fai a forza!!💪🏼🩺
ResponderEliminar