Ir al contenido principal

Día Mundial da Saúde


Hoxe Día Mundial da Saúde estreamos himno!

Estamos fartxs de preguntarnos ¿ONDE ESTÁN?

Por iso non imos parar de berrar e agora tampouco de cantar, Pediatras e Matronas Xa!
Cantemos todos e todas!¡Pola saúde de mulleres e crianzas!

Grazas, Mateo López Robles polo teu traballo, por agasallarnos esta fermosa canción que será a banda sonora da nosa reivindicación. E grazas a
 @Arturtrillo
@toñocasais
@sofía Espiñeira
@CéOrquestrapantasma
@faiadiaz
@martafisterra
@cristinamouriñoregueira
@pati_ou 
crianzas e os pais e nais por prestar o seu talento para o videoclip.

@concellodemuxia @concellocee @concellodedumbria @concellofisterra@concellodecarnota @concellodebueu @concello.de.ourense @concellomeaño@concellosavinao 


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE

Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura …  Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa.  Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte , ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos ...

Mobilización 21 de abril as 20h.

UNHA CHAMADA Á MO BILIZACIÓN   A precariedade no sistema sanitario é unha realidade que atopou, na actual pandemia, un amparo para campar ás súas anchas. S e xa tiñamos unha sanidade enferma, isto non fixo máis que empeorar o problema. Únete á mobilización Dende a ASOCIACIÓN PEDIATRAS E MATRONAS XA queremos unirnos a SOS SANIDADE PÚBLICA para agrandar ese berro de protesta tan necesario.   Queremos amparar esta causa común e integrarnos nela, loitando por un servizo sanitario de calidade.   O mércores 21 de abril, ás 20:00 horas, fronte ó Concello de Cee, queremos MOBILIZARNOS PARA RECUPERAR O NOSO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO .  As mo bilizacións e concentracións estenderanse ós principais municipios e cidades en todas as áreas sanitarias,   As REIVINDICACIÓNS da PLATAFORMA ampáranse en cinco pilares básicos:    - A NECESIDADE DE NORMALIZAR A ACTIVIDADE NOS CENTROS DE SAÚDE.  - UN PLAN PARA AFRONTAR AS LISTAS DE AGARDA...