Ir al contenido principal

Concentración en protesta polos recortes na sanidade


A Asociación Pediatras e Matronas Xa coordinou  a concentración en protesta polos recortes en sanidade na Praza do 8 de Marzo de Cee.


Con motivo da convocatoria de SOS Sanidade Pública Galega,  reunímonos para reiterar as nosas reclamacións.

PLATAFORMA PEDIATRAS E MATRONAS XA, coordinamos, a nivel comarcal, unha das concentracións convocadas en toda Galicia o pasado mércores, 21 de abril, por SOS Sanidade Pública Galega, para esixir que paren os recortes en materia de saúde.

AGRADECEMOS  a tódolos que quixeron achegarse para unir as voces e berrar ben forte polos nosos dereitos. Alí, cantamos o novo himno da asociación, e demos lectura aos motivos pincipais da concentración:

-        NORMALIZAR  os centros de saúde e GARANTIR  a asistencia presencial.

-        PLAN  para afrontar as LISTAS DE AGARDA  acumuladas.

-        INFORMACIÓN TRANSPARENTE e ACCESO UNIVERSAL  ás VACINAS  covid.

-        INCREMENTAR  o PERSOAL e rematar coa súa precariedade e inestabilidade.

-        REXEITAR  a REFORMA  da lei GALEGA de SAÚDE  que recorta as liberdades cívicas.

É preciso un cambio na forma de encarar o futuro dos servizos públicos. Son un tesouro que debemos coidar e mellorar sempre.

Que Pasa Na Costa

Nos Diario

La Voz de Galicia


Siguenos en Facebook e Instagram

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día dos Dereitos da Infacia

  Os  pequenos e as pequenas importan! Demostrémolo cada día! O 20 novembro é o dia escollido para reivindicar a nivel internacional os Dereitos da Infancia : a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades…  Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversos replantexamentos como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as respostas e carencias sociais.  Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliência das nenas e nenos;  son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación.  Amósannos a diario que cada día é unha oportunidade, que o tempo é o agora e que a ilusión está nas pequenas cousas. Esta fortaleza infantil tamén implica a lóxica vulnerabilidade dunha persoa en fase de desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro. É por iso que como comu...

DÍA MUNDIAL DA FERTILIDADE

Transitamos por unha vida chea de bendicións e obstáculos, todos nos empurran a conseguir a nosa esencia. Sentimos a fertilidade como algo que está en nos tanto como o latexo do noso corazón … ata que se covirte nun camiño espiñado, con dificultades, con dureza, con amargura …  Camiñar coa lousa da infertilidade é duro. Cámbianos a vida, e modifica por completo a nosa perspectiva das cousas. Se hai algo que causa auténtica dor na alma, é a imposibilidade de crear vida cando se desexa.  Despois de tantos anos de búsqueda chegaches a min, coma unha bendición; ir debullando cada escollo, apartando cada pedra, entendendo o sentido de cada obstáculo. Sentir a túa alma preto, elixindo o momento perfecto para conectar conmigo, ese momento no que decidiches vir e quedarte , ese no que sentiches era o mellor momento para os dous.  Non hai día que non sinta agradecemento polo teu sorriso, e non hai día que non pense na dor doutras nais aínda esperando a que alma dos ...

Mobilización 21 de abril as 20h.

UNHA CHAMADA Á MO BILIZACIÓN   A precariedade no sistema sanitario é unha realidade que atopou, na actual pandemia, un amparo para campar ás súas anchas. S e xa tiñamos unha sanidade enferma, isto non fixo máis que empeorar o problema. Únete á mobilización Dende a ASOCIACIÓN PEDIATRAS E MATRONAS XA queremos unirnos a SOS SANIDADE PÚBLICA para agrandar ese berro de protesta tan necesario.   Queremos amparar esta causa común e integrarnos nela, loitando por un servizo sanitario de calidade.   O mércores 21 de abril, ás 20:00 horas, fronte ó Concello de Cee, queremos MOBILIZARNOS PARA RECUPERAR O NOSO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO .  As mo bilizacións e concentracións estenderanse ós principais municipios e cidades en todas as áreas sanitarias,   As REIVINDICACIÓNS da PLATAFORMA ampáranse en cinco pilares básicos:    - A NECESIDADE DE NORMALIZAR A ACTIVIDADE NOS CENTROS DE SAÚDE.  - UN PLAN PARA AFRONTAR AS LISTAS DE AGARDA...