A Fundación Crecer Jugando, xunto coa Asociación Española de Fabricantes de Juguetes e as entidades, empresas e organizacións encadradas dentro do ámbito da infancia propoñen ao Goberno declarar o 26 de abril como o “Día do Neno e da Nena”. A iniciativa, trata de eloxiar e homenaxear o comportamento das nosas crianzas nunha situación de vulnerabilidade como a que está a supoñer a crise sanitaria actual . Dende a A sociación Pediatras e Matronas Xa, queremos unirnos a este recoñecemento, e celebración , da valentía dunhas crianzas que foron, e continúan a ser heroes e heroínas nunha situación tan complicada como esta pandemia, na que son un gran exemplo a seguir polo resto da sociedade en canto a adaptación, paciencia, alegría, e seguimento das normas. E, como tal, queremos, tamén, lembrar que eles e elas son un dos piares da nosa loita . Que a infancia ten dereito á protección e coidado por parte de tódalas persoas e institucións , e debe ser a prioridade ...